Inicio

Mocións de CxB ao Pleno de Agosto de 2007
Venres, 17 Agosto 2007
      5 de Agosto de 2007.
 
  MOCIÓN DE CxB                                          
 
Apertura de expediente de responsabilidades
 
    Meses atrás confirmouse mediante sentenza firme do Tribunal Supremo a indemnización que o Concello de Betanzos tenlle que abonar a un particular por un valor próximo ós 800.000 euros.
 
    Os actuais concelleiros, e resto de integrantes de Cidadáns por Betanzos, que naquel momento non tíñamos representación no Pleno desta Corporación, observamos con estupor a magnitude da repercusión económica da execución da sentenza, que vai supoñer un serio atranco ás arcas municipais neste exercicio e os seguintes.
 
    É momento de mirar o futuro, acatar a sentenza, indemnizar o particular, pero sobre todo de analizar as causas polas que chegamos a esta situación. É importante non esquecer os erros cometidos, e sobre todo poñer a claridade que nos permita evitar que isto se repita, e sempre antepoñendo os intereses dos cidadáns a los que representamos.
 
    Pedimos que el Pleno desta Corporación acorde a apertura dun expediente de responsabilidades, que alcance os seguintes obxectivos:
 
  • Determinar as causas que levaron ó Concello a tan desfavorable sentenza.
  •  Esixir, no caso de que se probe, a responsabilidade en que incorresen por dolo, culpa o neglixencia grave de quen corresponda, logo de valorarse mediante a instrución do procedemento que regulamentariamente se estableza.
  • Liña de actuación aconsellable futura, que evite outra situación semellante. 
  • Comunicación oficial oa Pleno e os cidadáns da resolución do expediente.
Javier de la Fuente Lago
   Concelleiro de CxB

 
MOCIÓN DE CxB                                   
  22 de Xaneiro de 2008
Obras gráficas
 
    Dentro do Patrimonio cultural do Concello, ocupa unha parte importante a obra gráfica (pintura, debuxo, serigrafía, etc.) que se encontra repartida (a primeira vista) por diversos despachos e dependencias, sen que a maioría da cidadanía teña un fácil acceso á súa visita.

    Descoñecemos asemade a existencia de calquera tipo de inventario ou rexistro no que se encontre reflectido a súa procedencia (compra, cesión, depósito, etc) e mesmo os autores de ditas obras ou calquera outro dato de interés respecto á súa orixe. Motivo polo que:

    Propoñemos o Pleno da Corporación que, acorde solicitar á realización do devandito inventario e mesmo (cando sexa posible) habilitar o espacio  axeitado para a súa exposición pública. Deste xeito, aproveitaremos o patrimonio do Concello para disfrute dos nosos conveciños e visitantes e mesmo incrementaremos a oferta museística da Cidade.
 
Pedro Gómez Patiño
Concelleiro de CxB
 

 
 
CxB consigue dar solución aos veciños da rúa Irmandiños.
Domingo, 12 Agosto 2007
Betanzos, 12 de Agosto 2007
 
 
No último pleno municipal do mes de xullo, na sección de rogos e preguntas, o grupo municipal Cidadáns por Betanzos fixo chegar ao goberno local a preocupación dos Veciños da rúa Irmandiños sobre o peche (desde o mes de Outubro) de devandita rúa debido ao perigo inminente de derrube dun inmoble
 
 
A noticia da que se fan ecos os distintos xornais no día de hoxe di:
 
 
“El Ayuntamiento brigantino demolerá el edificio en ruinas que es la causa de que la calle Irmandiños esté cerrada al tráfico desde hace ocho meses, como denunciaron los vecinos y la formación independiente Cidadáns por Betanzos”.  

Énchenos de satisfacción o comprobar que as iniciativas que o noso grupo municipal leva ao pleno cheguen a tan bo porto como vén demostrando coa apertura das igrexas, a sinalización e a ampliación do horario de atención da oficina de turismo, etc.

Estes bos resultados non son mais que a proba de que se vai cumprindo, pouco a pouco, o noso programa electoral e o levar a cabo a nosa intención de atender a todos os problemas, grandes e pequenos, de todos os veciños de Betanzos. Neste sentido seguiremos traballando.  

Aproveitamos tan boa noticia para desexarlles a todos os veciños de Betanzos e a todos os visitantes (turistas, amigos e familiares) unhas felices festas.  

Xunta Directiva de CxB

 
 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>