| Betanzos e a súa Comarca Marzo 2010 |
|
|
|
| Mércores, 03 Marzo 2010 | |
|
O valor da palabra dada
Nos últimos 33 anos de democracia en España se viviron algúns momentos de gran tensión institucional e económica, ademais da ameaza terrorista. Os cidadáns vían na alternancia política entre os dous grandes partidos a ferramenta básica para corrixir os despropósitos do que se encontraba no poder, os cidadáns confiaban na alternativa e os políticos trataban de cumprir as súas promesas. O Sistema aparentemente funcionaba.
Pero, que ocorre cando os grandes partidos non están á altura das circunstancias?. As promesas incumpridas, os privilexios para os cargos políticos, a irresponsabilidade co diñeiro público, a falta da asunción de responsabilidades políticas, a demagoxia perceptible por calquera e a mentira sistemática. Os cidadáns están desorientados, os Cidadáns estamos decepcionados.
Neste caldo de cultivo e entendible que unha boa parte da sociedade apoie de maneira crecente outras novas alternativas, como é CxB en Betanzos, coa esperanza de ver reducida a súa insatisfacción. O noso traballo calado non busca titulares, senón cambiar estruturas e modos de actuar, claramente mellorables, que propicien un cambio cara unha sociedade máis xusta, solidaria e racional. Non sempre o conseguimos!.
Un dos nosos compromisos fundamentais cos betanceiros é a transparencia das contas municipais. O valor da palabra dada levounos a incorporalo como un dos dez puntos do pacto de Goberno co Partido Popular, co que agora xa é un compromiso de todo o Goberno, por iso a alcaldesa comprometeuse fai tempo a publicitar as contas reais do 2008 en breve.
Nestes tempos de grandes dificultades para moitas familias, faise máis necesario que nunca un comportamento modélico dos representantes políticos, que afaste ese sentimento negativo que os cidadáns teñen de todos nós. É o momento de cumprir coa palabra dada, é o momento dun gran acordo económico, é o momento de volver a realidade e asumila, é o momento de que os grandes partidos sexan realmente “grandes”...... Será o momento?
Xunta Directiva de CxB
|
| < Anterior | Seguinte > |
|---|


