| Betanzos e a súa Comarca Febreiro 2010 |
|
|
|
| Venres, 05 Febreiro 2010 | |
|
Competencias e responsabilidades
A realidade preséntase ultimamente terca e por momentos despiadada. Os Grupos da oposición intentan mofarse continuamente dun dos nosos lemas electorais (claros e transparentes) nun intento de ridiculizar virtudes que eles evitaron para perpetuarse no poder. Pero evitan citar o outro lema repetido polos membros de Cidadáns por Betanzos durante a campaña electoral (Plurais e sen complexos) xa que implicaría magnificar a imaxe de transversalidade do noso partido e a valentía dos seus integrantes para enfrontarse, a quen sexa necesario, para propiciar o cambio que votaron os cidadáns. Nunca na historia de Betanzos coñeceron os cidadáns e os Grupos da oposición tantos informes e expedientes municipais como agora. Esa situación da que nos enorgullecemos, se torna en inaceptable para CxB cando, según a alcaldía nos informa, se lles entregan os informes os restantes Grupos sen a súa autorización, e antes de coñecelos o propio Grupo de CxB. Todo isto a pesar do acordo de Xunta de Goberno de 23 de Decembro de 2008 polo que debían darnos tódolos informes por orden da alcaldía.
A normativa legal que rexe á administración municipal concede ós alcaldes un poder presidencialista único e intransferible sobre certas cousas que afectan á administración municipal como é a organización e mando sobre todo o persoal. O exercicio da autoridade non debemos confundilo co autoritarismo, pero tampouco debemos confundir lealdade ós subordinados con proteccionismo e consentimento, sobre todo cando eses “erros” son utilizados sistematicamente pola oposición baseándose neses informes que nos son descoñecidos. Pensa a alcaldesa que esta é a forma de liderar a administración e o concello?. Sabe que solo vostede ten a competencia e autoridade para reverter esta situación. Está por tanto solo na súa man esixir o cumprimento dos acordos tomados e o respeto ós cargos electos. Cando foi investida alcaldesa cos votos da nosa formación firmou un documento no que se comprometía a defender “a independencia total dos funcionarios en razón o seu cargo, así como a súa responsabilidade”. Sabe perfectamente que nese camiño sempre estaremos con vostede. Xunta Directiva de CxB
|
| < Anterior | Seguinte > |
|---|


